Festa Corsaria en Marín

Date - 14 agosto, 2019 / Autor - Comunicación Panaderías A Devesa / Categoría - Festividades, Nuestros productos, Panadería, Pastelería

E mentres en Pontevedra continuamos coa programación das Festas da Peregrina, en Marín celébrase esta fin de semana a Festa Corsaria, unha xornada con actividades para toda a familia con diferentes actuacións, exhibicións de loita, concertos, contacontos e demostracións de oficios. Consulta aquí o programa.

Entre actividade e actividade o mellor é recuperar folgos cunha visita ó establecemento de A’Devesa de Marín que contará cunha ambientación acorde a temática da festa. Ademais dispoñemos dunha terraza na que degustar as vosas consumicións e todas as delicias que vos propoñemos para esta festa. 

Para empezar co voso menú corsario propoñémosvos algunha das nosas empanadas artesanas, en masa de pan, millo ou hoxaldre e cunha gran variedade de recheos a escoller. Entre eles os clásicos de bacallau con pasas, carne, polo con champiñóns, atún ou outros máis innovadores como o de carne ibérica ou a última incorporación á nosa familia de empanadas: a de espinacas con noces.

As empanadillas de hoxaldre ou masa tradicional tamén poden ser unha boa opción. Como acompañante do xantar ou cea que non falte unha boa peza de pan. Elexide entre a variedade de bolas de millo, centeo, trigo ou o pan da casa que elaboramos diariamente no noso propio obrador.

Un bocadillo tamén pode ser unha alternativa moi apetecible para calquer corsario e témolos en diferentes pans e con diferentes recheos. Desde embutidos, ata peituga de polo xamón asado, tortilla, lomo, bacon, vexetais…

E para rematar o voso menú pirata que non falte un bo doce… como as exquisitas bicas e satíns de A’Devesa.

¡Ah! e non deixes de facerte unha divetida foto no noso photocall. ¡Piratas! ¡Agardámosvos este venres e sábado en A’Devesa de Marín!

Etiquetas: , , ,

Comentarios 0 comentarios en esta entrada

Enviar un mensaje