As novidades da festa Corsaria en A´Devesa

Date - 16 agosto, 2018 / Autor - Comunicación Panaderías A Devesa / Categoría - Festividades, Novedades, Postres para fiestas

Arrr! Chega a Marín a festa Corsaria e con ela as novidades de A ´Devesa. Con motivo desta celebración de corte pirata A´Devesa lanza unha selección de comida que non podes perderte.

 

Para comezar, poderás elixir entre moitos entrantes novos, como os preñados de chourizo ou as empanadas e empanadillas vexetais. Tamén haberá unha gran variedade de bocadillos e unha oferta especial de cuarto de empanada + bebida.

De postre, ademáis das moitas opcións que ofertamos normalmente, como bicas e satíns, haberá unha gran novidade, as filloas recheas de queixo e marmelo!

 

       

Unha vez teñas o estómago cheo, recomendámosche pasar polo photocall, onde terás ocasión de sacar as fotos máis graciosas cos teus amigos e familia e facerte cun recordo inolvidable. Ademais, se vas con nenos, o pintacaras é cita obrigada. O sábado dende as sete da tarde ata as nove da noite o pintacaras na entrada da nosa tenda de Marín ofrecerá as maquillaxes máis sorprendentes e divertidas. No interior da tenda tamén poderás disfrutar dunha decoración especial que te transportará ata as aventuras piratas!

 

Vémonos na festa corsaria queridos clientes e habitantes de Marín, Ahoy!

 

 

 

Etiquetas: , , , ,

Comentarios 0 comentarios en esta entrada

Enviar un mensaje